Alberto Durán é un fotógrafo con base en Sanxenxo, Pontevedra. A súa paixón pola fotografía comezou nos últimos anos dos procesos químicos, entre libros de aprendizaxe e arumes a revelador e fixador.
Grazas aos coñecementos adquiridos revelando as súas imaxes no laboratorio caseiro  e ao traballo como deseñador gráfico, a transición á fotografía dixital foi rápida e fluída.
O cuarto escuro dixital deulle a oportunidade de tratar a luz dun xeito que non era posible coas técnicas tradicionais. Abríanse posibilidades que aplicar a outra paixón: Galicia e as súas paisaxes de auga, árbores e pedra, coronadas por nubes que se incendian co solpor.
Despois de algúns anos investindo en equipo e na mellora das habilidades técnicas, hoxe ofrece servizos de fotografía a moitas empresas que precisan amosar os seus produtos ou servizos (adegas, hostalaría, alimentación, inmobiliarias, turismo...)
As paisaxes galegas, obtidas a través de moita planificación e perseveranza, ofrécense para decorar vivendas, oficinas, comercios, hoteis... Este é un traballo sen final. Galicia está chea de sitios emocionantes e goza dun clima moi dinámico. Cada marea, cada onda, son únicas e irrepetibles.
​​​​alberto@cromatica.es
622 300 328
Sanxenxo - Pontevedra - Galicia
Enviar
Gracias!